Presentación do libro "Un paseo ilustrado por Santiago de Compostela"

Submitted by xestor on Ven, 28/11/2025 - 08:46
09
Dec
2025
Presentación do libro "Un paseo ilustrado por Santiago de Compostela"
Imaxe
Portada libro Un paseo ilustrado por Santiago de Compostela

O martes, 9 de decembro, ás 19 horas, presentarase no Auditorio do Museo o libro Un paseo ilustrado por Santiago de Compostela. Unha publicación do Consorcio de Santiago con ilustracións de José Baqueiro Canabal e textos da historiadora Elena Iglesias Durán.

Trátase dun paseo ilustrado con 50 acuarelas de espazos emblemáticos da cidade. Unha ruta pictórica que conduce a unha peregrinación pola améndoa compostelá, fuxindo de perspectivas aéreas e situándonos ao pé dos edificios.