O mércores, 11 de decembro, ás 19 horas, presentaremos no Auditorio do Museo o libro Barcas e barcos dos ríos galaicos. O patrimonio fluvial naval, do antropólogo e arqueólogo Lois Ladra.
A publicación, financiada pola Deputación provincial da Coruña, fai o número 7 da colección Manuais do Museo. Convídanos a navegar polas augas dos nosos ríos para descubrir as embarcacións fluviais documentadas en Galicia, as súas características e os seus usos. Así mesmo, fai unha achega ás embarcacións doutros ríos peninsulares da bacía atlántica.
Na presentación do libro participarán, xunto co autor, Manuel Vilar, exdirector do Museo e autor do limiar da obra; Fernando Alonso Romero, patrón do Museo e autor do prólogo; e Concha Losada, presidenta do Padroado do Museo.