Presentación da publicación "Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión"

Submitted by xestor on Lun, 24/11/2025 - 11:15
17
Dec
2025
Presentación da publicación "Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión"
Imaxe
Presentación da publicación "Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión"

O vindeiro mércores, 17 de decembro, ás 19 horas, presentaremos no Auditorio do Museo do Pobo Galego a publicación Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión. 

O libro –editado co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da Secretaría Xeral da Lingua– recompila os contidos principais da exposición homónima que se puido visitar no Museo entre abril e setembro de 2025.

Trátase dunha obra concibida como homenaxe ás creadoras e transmisoras da nosa tradición oral, froito de meses de investigación a partir dos fondos do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, da Biblioteca e Arquivo Documental, Arquivo Fotográfico e Colección do Museo.

A entrada será libre até completar a capacidade do Auditorio.