Imaxe

Presentación da peza audiovisual que forma parte da exposición Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión e que tece, a través dos testemuños dunha trintena de persoas –cantareiras, músicas, investigadoras e persoas achegadas ás homenaxeadas polas Letras Galegas deste ano– o tapiz da música tradicional galega e das mulleres como principais creadoras e transmisoras da tradición, ademais de pór en valor a importancia dos arquivos sonoros como ferramenta de conservación e continuidade da identidade oral.
Entrada libre até completar capacidade.