Presentación ADRA nº16

Submitted by xestor on Xov, 04/11/2021 - 08:47
06
Nov
2021
Presentación ADRA nº16
Imaxe
adra 16

 

O Museo do Pobo Galego presenta este sábado 6 de novembro ás 12 h. o número 16 da revista ADRA,  a publicación anual das socias e socios do museo.  Esta edición ten carácter monográfico, dirixido a poñer en evidencia a realidade das mulleres na contorna de ámbitos tan diferentes como os da prehistoria, a emigración, a sexualidade, o rural, a saúde mental, a literatura, o baile, as artes plásticas ou os museos. Os artigos abórdanse desde a investigación documental e a análise rigorosa das distintas problemáticas relacionadas co tema de xénero.

 

Especialistas como Aurora Marco, Andrea Mouriño, Andrea Quintana, Amada Traba, Carme Campo, Chis Oliveira, Chus Caramés, Encarna Otero, Rosa García Orellán, Lidia Senra, Lola Ferreiro, María Tilve, Mar Caldas e Mariam Mariño, xunto ás ilustracións de Mónica Montero, dan forma ás distintas colaboracións deste novo número. 

 

Unha vez presentado, pasará a formar da colección dixital albergada na web do Museo. Tamén se poden adquirir o formato físico na Recepción do Museo polo prezo de 6 euros.