Mostra dos traballos premiados no 20º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

Submitted by xestor on Mar, 10/06/2025 - 09:07
10
Jun
2025
Tipo evento
Exposición
Mostra dos traballos premiados no 20º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato
Imaxe
Mostra traballos premiados 20ª edición Xurxo Lobato

Do 10 de xuño ao 13 de xullo pode verse no Claustro baixo do Museo unha mostra das fotografías gañadoras no 20º Concurso de fotografía Xurxo Lobato.

Os traballos premiados nesta edición do certame foron: 1º premio para "Marcado", de Bruno Álvarez Giménez do IES Santo Tomé de Freixeiro de Vigo; 2º premio para “Ahogada en silencio” de Ashlee Sofia Rengifo Hincapié do IES Adormideras da Coruña, 3º premio para “Retrato de artista” de Sarai Fernández Barreiro, do EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, premio especial 20 aniversario á mellor fotografía que reflicte a cidade da Coruña a “Faro da nosa vida” de Nerea Márquez Díaz, do IES Monelos da Coruña; e as seguintes Mencións de Honra: “Luz entre sombras” de Alejandro Lorenzo Naya do IES Monelos, "Aire" de Lucía Bertoa Fernández do EASD Pablo Picasso da Coruña e “Os sentimentos do meu interior” de Uxío Rudiño Lorenzo do IES Brión. 

O concurso, organizado pola Asociación de Amigos do Instituto Monelos da Coruña, busca fomentar a fotografía como un xeito de creación entre a xente nova, ademais de promocionar e defender o ensino público galego. O xurado do vixésimo concurso estivo integrado por Xosé Antón Fraga (presidente), Patricia Fontanilla, Marcos Sánchez, Lucía Patiño, Xosé Díaz e Xoán Antón Pérez-Lema (secretario do xurado, sen voto). Os premios foron entregados nun acto celebrado o 12 de maio no salón de plenos do Concello da Coruña.