Mostra bibliográfica Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero.

Submitted by admin on Xov, 18/02/2021 - 09:27
02
Nov
2020
Tipo evento
Exposición
Mostra bibliográfica Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero.
Imaxe
Museo

Esta pequena exposición temporal é a contribución da institución ao Día das Letras Galegas que este ano 2020 homenaxea a Ricardo Carvalho Calero. A mostra bibliográfica recolle algunhas das obras do autor a partir dos fondos do Museo do Pobo Galego: unha primeira parte recolle as publicacións sobre os seus estudos literarios con obras de referencia como a "Historia da literatura galega contemporánea" ou traballos que tratan a cuestión lingüística da reintegración do galego no ámbito da lusofonía. Unha segunda parte, acolle as súas obras de narrativa, poesía e teatro. E, a última, agrupa publicacións e estudos sobre a súa figura. Como curiosidade na mostra tamén se pode ver unha carta manuscrita na que Carvalho Calero lle solicita información a Antonio Fraguas, primeiro director do Museo, sobre a normativa do ensino privado, no que tivo que traballar, debido á súa situación de inhabilitación profesional ao ter estado preso.