Máscaras Tradicionais de Entroido

Submitted by xestor on Mar, 07/02/2023 - 10:25
16
Feb
2023
Máscaras Tradicionais de Entroido
Imaxe
Cartel máscaras de entroido 2023

O Museo celebrará o Entroido no xoves 16 de febreiro, ás 19h30.
Falaremos das máscaras tradicionais de Castro Laboreiro, Melgaço (Portugal): os Farrangalheiros. 

 

Será Magarida Codesso, xestora cultural que forma parte do proceso de recuperación deste Entroido desde os seus inícios quen nos achegue máis información destas máscaras veciñas. O papel da muller nesta celebración, o proceso de recuperación, a vestimenta co garruço" (chapeu en forma de cono con fitas) como elemento central ou a vinculación con Galicia como manifestación transfronteiriza serán algúns dos temas que trataremos nesta xornada.

 

Auditorio do Museo. De balde.