O martes 18 de abril ás 18:00 celebramos a figura da educadora Antía Cal no día que faría 100 anos.
Recibiremos a doazón dos orixinais das súas obras 'O libro dos nenos' e 'O arte e a súa historia'. Será nun acto no auditorio do Museo do Pobo Galego no que nos acompañarán Quico Cadaval, Elisa Suárez-Amarelo (exalumna de Antía Cal), Antón Beiras Cal e a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada; e no que contaremos coa música de Pablo Castaño.
O acceso é libre ata completar capacidade.