Lección Xitana, do 18 ao 28 de novembro

Submitted by xestor on Xov, 18/11/2021 - 08:54
18
Nov
2021
Tipo evento
Exposición
Lección Xitana, do 18 ao 28 de novembro
Imaxe
Expo Secretariado Xitano

Chega a Santiago "Lección Xitana", a exposición da campaña de sensibilización da Fundación Secretariado Gitano para contribuír ao coñecemento do pobo xitano e loitar contra a discriminación.

"Lección Xitana" é ese capítulo perdido dos libros de historia: a cultura silenciada, os nomes propios invisibilizados, as novas que non se publicaron e as anécdotas que nunca nos contaron.

Con "Lección Xitana" queremos chamar a atención sobre o gran descoñecemento que a meirande parte da sociedade ten sobre unha parte esencial dos seus membros: a comunidade xitana. É un convite a romper a ignorancia, o prexuízo, o rexeitamento ou a indiferencia. É unha chamada a coñecer o rico patrimonio histórico e cultural do Pobo Xitano e coñecer unha identidade, valores e costumes que tamén son patrimonio do conxunto da sociedade.

"Lección Xitana" presenta unha historia de persecución e dor, pero tamén a resistencia, superación e dignidade, así coma a contribución xitana ao patrimonio social e cultural común.

Os contidos da exposición poden descargarse en www.lecciongitana.org, espazo onde tamén se poden coñecer casos reais de mozos xitanos e xitanas que desmontan os estereotipos que pesan sobre este colectivo e así contribuír ao coñecemento da súa diversidade.

A exposición enmárcase na celebración, en Santiago de Compostela, do XVII Encontro Institucional da Fundación Secretariado Gitano, no que participan cadros Directivos e intermedios de toda España (terá lugar do 17 ao 19 de novembro) e é posible grazas á colaboración do Museo do Pobo Galego.