Intervención expositiva: “Espazos contra o baleiro”

Submitted by xestor on Mar, 01/04/2025 - 08:35
04
Apr
2025
Tipo evento
Exposición
Intervención expositiva: “Espazos contra o baleiro”
Imaxe
Dia das Artes

Espazos contra o baleiro é unha intervención expositiva na parte noroeste do Museo do Pobo Galego en lembranza do intelectual e artista Isaac Díaz Pardo, membro fundador e presidente do Padroado desta institución desde o ano 2000 até o 2011 e homenaxeado do Día das Artes Galegas 2025.

A mostra fai un percorrido pola figura de Isaac Díaz Pardo e o seu papel na refundación do Seminario de Estudos Galegos, a súa particular vinculación co Museo do Pobo Galego e o seu labor a prol da memoria histórica. Tres facetas do intelectual que quedarán reflectidas na intervención a través de documentación gráfica e bibliográfica, así como unha pequena escolma de pezas do autor, pertencentes todas elas aos fondos do Museo.

Impulsada polo Museo do Pobo Galego, conta co labor de Xosé Ramón Fandiño, María Xosé Fernández Cerviño e Pilar Sampedro no equipo curatorial. O deseño é obra de Xaime Fandiño e a sinalética e rotulación, de Axeitos & Co.

A intervención, que poderá visitarse até finais de outubro, está apoiada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago.