Inauguración da exposición "Os traballos de Hércules"

Submitted by xestor on Lun, 27/01/2025 - 22:35
07
Feb
2025
Tipo evento
Exposición
Inauguración da exposición "Os traballos de Hércules"
Imaxe
Convite inauguración Os traballos de Hércules

venres, 7 de febreiro, ás 19:00 horas, inauguraremos no Museo do Pobo Galego a exposición Os traballos de Hércules. 

Trátase dunha mostra itinerante organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes, no marco da conmemoración do seu 175 aniversario, co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. 

Reúne 16 gravados orixinais pertencentes á colección da institución. En concreto, as obras expostas foron copiadas da serie de pinturas que o artista italiano Luca Giordano realizou para Carlos II no Casón del Buen Retiro de Madrid no século XVIII. Entre as aventuras de Hércules que se representan nas pezas aparece a lenda co xigante Xerión, a quen venceu na Coruña; un triunfo que segundo a lenda derivou na construción da Torre de Hércules. 

A exposición poderá verse no Claustro Alto do Museo até o domingo, 9 de marzo de 2025.