Exposición conmemorativa do Día das Letras Galegas 2022, é un proxecto da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no ano das Letras Galegas 2022 dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, producida por Merlín Comunicación-Editorial Galaxia baixo o comisariado de Ricardo Gurriarán, familiar do persoeiro homenaxeado este ano.
Con carácter informativo e didáctico, divídese en 15 paneis explicativos que percorren a vida e a obra de Delgado Gurriarán, que repasan a traxectoria vital e biográfica do autor valdeorrés, permitíndolle, a quen a visite, asistir a unha rápida viaxe, rigorosa e amena, para comprender quen foi, que nos deixou e que implica a figura de Delgado Gurriarán.
A exposición compleméntase cunha selección de obxectos persoais do escritor, expostos en mesas-vitrina (como cartas con persoeiros do seu tempo, como Otero Pedrayo e Castelao; borradores de poemas, que logo remataron nos seus libros, publicacións orixinais), que facilitarán un achegamento máis completo para comprender a súa figura e obra literaria.