Fin de curso da III edición de "Cóntame un conto"

Submitted by xestor on Lun, 17/06/2024 - 12:08
17
Jun
2024
Tipo evento
Evento
Fin de curso da III edición de "Cóntame un conto"
Imaxe
Cóntame un conto

A III Edición do proxecto Cóntame un conto chega ao seu fin coa celebración, o luns, 17 de xuño, da festa de despedida de curso no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. 

Será un acto presentado pola contacontos María da Pontragha e amenizado por actuacións dos grupos escolares. Contará coa presenza dunhas 600 nenas e nenos de primaria e secundaria, de entre as máis dun milleiro que participaron nesta terceira edición do proxecto impulsado pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas. 

Os centros que tomaron parte este curso académico, no que o proxecto se adheriu ao Plan Proxecta+ da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, foron o CEIP Carlos Casares (Xinzo de Limia), CEE de Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa), IES Afonso X O Sabio (Cambre), IES Río Cabe (Monforte de Lemos), CEIP Plurilingüe da Ramallosa (Teo), CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga (Guitiriz), CPR Plurilingüe La Salle (Santiago de Compostela), CEIP Plurilingüe San Marcos (Abegondo), CEIP Padre Feijoo (Allariz) e CPI Plurilingüe Laureano Prieto (A Gudiña).