O martes, 3 de setembro, ás 20:30 horas, acollemos unha das actividades incluídas na programación do festival HerDanza, Aire do outro mundo.
A bailarina e docente Elsa Pereira conduce esta deriva senso-sonora polo Museo que busca conectar ás persoas participantes co íntimo e poético que abeira o edificio de San Domingos de Bonaval.
O punto de encontro será ás 20.15 horas na porta do Museo e a asistencia é de balde sen necesidade de reserva. A actividade ten unha duración estimada dunha hora.
Máis información, na web do festival.
Organizado por Can Cun Quinqué, o festival HerDanza conta co apoio do Concello de Santiago e de entidades como o Museo do Pobo Galego, o CGAC ou o Instituto Francés.