Festival Atlántica. "C@nto contigo", de Paco Nogueiras

Submitted by xestor on Xov, 27/06/2024 - 20:57
06
Jul
2024
Festival Atlántica. "C@nto contigo", de Paco Nogueiras
Imaxe
C@nto contigo

sábado, 6 de xullo, no marco do Festival Atlántica, o Museo acolle o espectáculo C@nto contigo. Unha proposta na que Paco Nogueiras fai un percorido por cancións dos seus traballos “Brinca Vai!”, “Radio Bulebule” e “Extra!”, sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido.

A cita é ás 12:00 horas no claustro, para público infantil e familiar a partir de 3 anos. A entrada é gratuíta. 

Trátase dunha das máis de 90 actuacións que trae esta edición do Festival Internacional de Narración Oral.