Exposición fotográfica EspadELA

Submitted by xestor on Lun, 08/01/2024 - 11:20
22
Dec
2023
Tipo evento
Exposición
Exposición fotográfica EspadELA
Imaxe
EspadELA

Dende o venres, 22 de decembro de 2023, e ata o domingo, 21 de xaneiro de 2024, pode visitarse no Museo a exposición fotográfica EspadELA. 

Trátase dunha iniciativa da cooperativa Arabías, con retratos da boirense Charo Lopes. Fotografías protagonizadas por un total de 58 mulleres, entre as cales, integrantes de entidades como Comoxo Organics, o Sindicato Labrego Galego, Unión de Muchachas, Escola do Alprende de Carballo, Coidadoras de Arzúa, a Asociación Veciñal do Reguiño de Biduido, e a Plataforma Veciñal contra da Mina; e tamén mulleres a título individual como Amparo, Laura e a súa familia e Esperanza de Laraño. 

A mostra supón o punto e final a EspadELA, a Escola de Apoderamento Feminista, un proxecto nacido en 2018, da man da cooperativa Arabías, co impulso do SLG e financiada pola Deputación da Coruña, co fin de fomentar a participación das mulleres na vida comunitaria a través de procesos de apoderamento persoal, social e político.