A delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) entregará os seus Premios "Próximos" o vindeiro 24 de xaneiro no Auditorio do Museo do Pobo Galego.
Trátase dun certame que ten como obxectivo recoñecer as mellores obras e proxectos realizados nos 32 concellos da demarcación sur da provincia da Coruña e que recoñecerá un total de nove traballos, seleccionados entre máis de 40 propostas presentadas.