10
May
2025
Tipo evento
Exposición
Entre Amigos (XIII Bienal de Fotografía Etnográfica das Socias e Socios do MPG)
Imaxe

Desde o 10 de maio até o 24 de agosto, pode visitarse na Ala Sur do Museo a exposición Entre Amigos, a Bienal de Fotografía das Socias e Socios do Museo do Pobo Galego.
Este ano, cunha temática marcada fundamentalmente polas Letras Galegas 2025, con varias instantáneas sobre o patrimonio inmaterial referido á nosa música, como son as de Denís Estévez, José María Laredo Cordonié, José Francisco Mëndez García, Jesús García Devesa, Nolo Suárez, Manuel Otero López e Lois Ladra.
Tamén participan, con outras temáticas Anxo Regueiro, Carmen Villar, María Soledad Pintos Peñaranda e María Jesús Fariña Busto.