O 18 de maio celébrase o DIM 2022 baixo o lema " O poder dos Museos" escollido polo ICOM (Consello Internacional dos Museos).
É por iso que ese día o Museo do Pobo Galego, xunto a outros museos de Santiago de Compostela, sacaremos a alfombra vermella para recibir ao seu público, xa que é este o verdadeiro poder co que contan estas entidades.
Ademais teremos unha programación con xornadas de portas abertas, visitas comentadas e obradoiros que podedes ver no documento adxunto.
Todas as actividades son gratuítas, e precisan de inscrición previa en servizosdeac@museodopobo.gal
Descarga
PDF DEAC
O PODER DOS MUSEOS DIM22.pdf408.12 KB