Da vara ao carabelo completa as actividades educativas do CEIP Campomaior de Ordes

Submitted by xestor on Lun, 29/11/2021 - 10:21
29
Nov
2021
Da vara ao carabelo completa as actividades educativas do CEIP Campomaior de Ordes
Imaxe
da vara ao carabelo co ceip Campomaior de Ordes

Estas semanas recibimos ao alumnado de 1º e 2º do CEIP Campomaior de Ordes. A súa visita ao Museo formou parte do seu proxecto "Aliméntate ben", integrado no Plan Proxecta + da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, da Xunta de Galicia. Por este motivo, ademais de recibir no colexio a redeiras ou mariscadoras, tamén viñeron até Santiago coñecer os produtos do Mercado de Abastos. Completaron as súas actividades na cidade co taller "Da vara ao carabelo" no Museo. Aquí afondamos na cultura mariñeira, pasando polas diferentes artes de pesca, as embarcacións tradicionais ou a práctica da pesca sostible, coñecendo as medidas regulamentarias para a comercialización dos peixes que tamén viron no mercado. Moitas grazas a este centro por facernos partícipes de tan bonita experiencia.