Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen

Submitted by xestor on Mar, 22/03/2022 - 11:52
22
Mar
2022
Tipo evento
Exposición
Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen
Imaxe
"Porteadoras" en Santo André de Teixido

Esta mostra encádrase no marco da 17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE).

Estas imaxes son parte do extenso fondo de fotografías realizadas polo folclorista e antropólogo GUSTAV HENNINGSEN (Slagelse, Dinamarca, 1934) entre os anos 1965 e 1968. Durante estes tres anos percorreu vilas e aldeas galegas coa súa muller MARISA REY (Madrid, 1936), recompilando unha valiosa documentación fotográfica e oral na que as mulleres teñen un grande protagonismo. 

A exposición inclúe fragmentos sonoros das recollas “Fía en Pazo de Ardemil” (1966) e “Gravacións da tasca en Onteiro” (1965) que forman parte do Fondo Henningsen do APOI – Museo do Pobo Galego.