Congreso: Saber de nós: Cen anos do Seminario de Estudos Galegos

Submitted by xestor on Mar, 03/10/2023 - 21:39
10
Oct
2023
Congreso: Saber de nós: Cen anos do Seminario de Estudos Galegos
Imaxe
Congreso 100 SEG

A creación do Seminario de Estudos Galegos supuxo un salto cualitativo decisivo na configuración dun campo específico de estudos galegos, multidisciplinario pero articulado arredor dunha idea moderna, integral e integradora de Galicia. De aí o título deste congreso, Saber de nós, que, no ano do seu centenario, pretende realizar un balance da significación do SEG na historia científica, intelectual e cultural de Galicia, na madureza da súa concepción como nación europea e na reivindicación do galego como idioma culto e plenamente desenvolvido.

O Congreso está organizado en catro sesións, centradas respectivamente no contexto histórico da súa fundación, na súa traxectoria e relación coa sociedade, e nas áreas de actividade nas que o Seminario conseguiu resultados máis tanxibles, para rematar cunha mesa redonda sobre o legado do SEG. 

A inscrición é gratuíta, mais o número de prazas é limitado (100 persoas).

Organizan: o Consello da Cultura Galega coa colaboración da Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento / Consello Superior de Investigacións Científicas, o Museo de Pontevedra e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Máis información aquí