Conferencia: "Valeriano Villanueva, un eumés na innovación agraria e no agrarismo"

Submitted by xestor on Lun, 29/01/2024 - 13:38
23
Feb
2024
Conferencia: "Valeriano Villanueva, un eumés na innovación agraria e no agrarismo"
Imaxe
Valeriano Villanueva

O 23 de febreiro celebraremos un acto en homenaxe de Valeriano Villanueva, un dos integrantes do Seminario de Estudos Galegos, na súa vila natal, Pontedeume. Unha conferencia na que participarán Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, e Miguel Cabo Villaverde, profesor de Historia Contemporánea da USC.

Lugar: Casa da Cultura de Pontedeume. 

Día e hora: venres, 23 de febreiro, ás 20 horas. 

Organizan: o Museo do Pobo Galego e o Ateneo Fernán Martís, coa colaboración do Concello de Pontedeume e a Deputación da Coruña. 

A cita enmárcase no programa de actos "O SEG por Galicia adiante" conmemorativos do centenario do Seminario.