Conferencia: "Manuel Torres e a arte nos tempos do SEG"

Submitted by xestor on Mar, 24/10/2023 - 13:13
24
Oct
2023
Conferencia: "Manuel Torres e a arte nos tempos do SEG"
Imaxe
Manuel Torres e o SEG

Dentro dos actos que leva a cabo o Museo do Pobo Galego, en colaboración co Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e máis a Xunta de Galicia, para conmemorar o Centenario do Seminario de Estudos Galegos, o martes 24 de outubro terá lugar en Marín a conferencia "Manuel Torres e a arte nos tempos do Seminario de Estudos Galegos", a cargo de Mercedes Rozas, crítica de arte e integrante do Padroado do Museo do Pobo Galego.

A charla, con entrada libre, celebrarase no Museo Manuel Torres, ás 20:00 da tarde, impulsada polo Ateneo de Marín e co apoio do Concello de Marín. 

 

Descarga