Concurso de méritos para a selección da candidatura á Dirección do Museo

Submitted by xestor on Lun, 26/02/2024 - 10:34
26
Feb
2024
Concurso de méritos para a selección da candidatura á Dirección do Museo
Imaxe
MPG

O Consello de Goberno do Padroado do Museo do Pobo Galego, na súa reunión de 22 de febreiro de 2024, acordou convocar concurso de méritos, de acordo co procedemento e calendario que se detallan nas bases da convocatoria, para a selección da candidatura á dirección do Museo do Pobo Galego que se propoñerá á Asemblea do Padroado, segundo establecen os Estatutos.

As solicitudes, acompañadas da documentación requirida, remitiranse por correo electrónico (secretaria@museodopobo.gal), ou fisicamente nun lapis de memoria remitido por correo certificado (Museo do Pobo Galego, San Domingos de Bonaval, s/n – 15703 Santiago de Compostela), ou ben mediante entrega presencial no rexistro do Museo. O prazo de recepción remata o 21 de marzo de 2024 ás 18:00 horas.

Accede aquí ás bases completas da convocatoria.