Centenario de Antía Cal

Submitted by xestor on Ven, 14/04/2023 - 17:24
18
Apr
2023
Tipo evento
Evento
Centenario de Antía Cal
Imaxe
Antía Cal

O vindeiro martes 18 de abril terá lugar o acto de lembranza a Antía Cal ás 18:00h, no Auditorio do Museo do Pobo Galego con motivo do seu centenario. No acto intervirán Quico Cadaval, Elisa Suárez-Amarelo (ex-alumna de Antía Cal), Antón Beiras e Concha Losada (en representación do Padroado do Museo do Pobo Galego). Procederase, logo, á lectura de textos de Antía Cal e á actuación do saxofonista Pablo Castaño.