"Aire do outro mundo"

Submitted by xestor on Xov, 19/10/2023 - 22:46
04
Nov
2023
"Aire do outro mundo"
Imaxe
Aire do outro mundo

Unha deriva senso-sonora polo Museo do Pobo Galego. 

Cando: 4 de novembro ás 10 h ou ás 18 horas. 
Duración aproximada: 60 minutos.
Conducida por Elsa Pereira.
Dirixida a público adulto.
Aforo limitado. Prezo: 6€ 
Entradas en Vivetix Museo do Pobo


Como lle acontece ao Lordanas nos "Contos a carón do lume" de Ánxel Fole, as persoas galegas  conectamos a meirande parte das veces as nosas experiencias místicas á presenza das persoas mortas antes que a calquera outra posibilidade máis tanxible. 

O Museo do Pobo Galego está cheo de presenzas que habitan o lugar dende o tempo dos monxes. Cada día ao apagar as luces do San Domingos de Bonaval, as ánimas de Castelao ou Rosalía ocupan os espazos que lles corresponden e debaten, cantan e murmuran o acontecido durante a xornada. 

En silencio e coa escoita de todo o corpo aberta á experiencia, imos transitar o Museo na compaña de Elsa Pereira, persoal do Museo e que cada día comparte ritual cos seres que habitan o lugar, con moito coidado de non molestar entre quen nos visitan, antes e xusto despois de que abran as súas portas ao público.

Esta experiencia está inspirada nas derivas situacionistas, que nos convidan a pensar por que, en  determinado lugar dobramos á dereita ou á esquerda, ou de xeito intuitivo nos detemos. Trátase dunha experiencia sensitiva e sonora na que un grupo reducido de persoas terán a oportunidade de experimentar un espazo habitado de moitos xeitos. Nesta deriva imos atoparnos con algunhas sorpresas, murmurios, imaxes e sensacións que, máis que dar medo, nos conectan co íntimo e o poético dun edificio con tanta carga de vida de morte como é Santo Domingos de Bonaval. 

Elsa Pereira é, ademais de traballadora do Museo, bailarina e investigadora na disciplina "Body weather" e ten realizado traballos "site specific" corpo-paisaxe no espazo urbano, sempre co obxectivo de botar unha ollada consciente sobre o territorio que nos rodea. Durante a súa formación en danza e creación contemporánea, realizou un traballo inspirado nos camiños de luz que existen na obra de Álvaro Siza dentro da Facultade de arquitectura do Porto e promove Derivas en silencio na procura dos camiños do desexo que, debido ás continuas transformacións que sofre a cidade ao longo do ano, é preciso deliñar sobre o territorio para poder seguir habitando e transitando o lugar que escollemos para vivir.

 

Descarga
PDF DEAC