Acto de entrega das insignias de ouro

Submitted by xestor on Mar, 01/04/2025 - 11:32
12
Apr
2025
Acto de entrega das insignias de ouro
Imaxe
Museo do Pobo Galego

sábado, 12 de abril, ás 12.00 horas, celebraremos no Auditorio do Museo do Pobo Galego o acto de entrega das insignias de ouro da institución.

Segundo o acordado na Asemblea Xeral do Padroado celebrada o 14 de decembro de 2024, as persoas homenaxeadas este ano son a patroa Rosa María Méndez García, en recoñecemento ao seu labor á fronte da Biblioteca e Arquivos da institución por máis de corenta anos, e os patróns Felipe Arias Vilas, Francisco Calo Lourido, Francisco Fariña Busto e Xosé Carlos Sierra Rodríguez, en recoñecemento da súa entrega e compromiso activo coa nosa institución dende a fundación deste Padroado en 1976.

A laudatio das persoas homenaxeadas será realizada pola patroa Encarna Otero Cepeda.

O acto será público e aberto a calquera persoa que teña interese en asistir ata completar cabida. Ao remate servirase un viño no claustro.