A Deputación Provincial de A Coruña e o Museo presentan a exposición das fotografías gañadoras e finalistas do 18º Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica.
No Claustro Alto pode verse o traballo galardoado, o proxecto Alén, de Vicente Fraga; así como a serie Nordés, que lle valeu unha mención de honra ao fotógrafo Miguel Muñiz. Completan a exposición os traballos El terremoto de Turquía, de Bernat Armangué; Fin de la faena, de Ángeles Aldariz; A quen, de María Yáñez Ces; e Usar y tirar. Perversa moda rápida, de Antonio Pérez.
A mostra fotográfica poderá visitarse até o 27 de outubro.