Didáctica
Programas coa comunidade do ensino formal, desde a escola até a universidade.
Propostas para a aprendizaxe continua, o debate e o desexo de saber de públicos con intereses diversos explorando diferentes fórmulas de produción e transmisión do coñecemento
Título bloque 1
Escola
A visita presencial, ben sexa con modalidade libre, autónoma ou ben contando con persoal do DEAC, ten que concertarse previamente, con suficiente antelación.
Podedes solicitala premendo neste formulario.
Para dúbidas e consultas, facilitamos este enderezo: servizosdeac@museodopobo.gal ou o teléfono 981 583 620
O horario para realizar actividades escolares coa intervención do persoal do DEAC é de 11:00 a 14:00, de martes a venres.
Programa escolar curso 2025/26
Neste curso, dividimos a programación por trimestres.
- No primeiro, seguiremos gozando da Poesía Oral con actividades como xogos cantados, itinerarios sonoros, visitas teatralizadas e comentadas con dinámicas lúdicas dirixidas a alumnado desde infantil a bacharelato. A exposición temporal Cantareiras. Oralidade. Creación. Transmisión poderase visitar até finais de setembro usando a guía didáctica para centros escolares.
- No segundo trimestre, a nosa programación xirará arredor da exposición sobre o Entroido: Alas e Vento que nos permitirá coñecer máscaras do mundo recompiladas durante anos polo coleccionista Nacho Rovira. Contaremos con actividades diversas para todos os tramos escolares como visitas teatralizadas, xogos de descuberta ou de aprofundamento aos rituais de inverno e as mascaradas propias desta época.
Ademais tamén teremos a MICE Petís, con proxeccións dialogadas no Museo. Aquí podedes ver o programa - No terceiro celebraremos o centenario da redención dos foros con actividades lúdicas e didácticas, que achegarán esta parte importante da nosa historia ás crianzas da escola até o alumnado máis maior.
Podedes consultar aquí os PROGRAMAS:
Para as visitas dos Ciclos Formativos ou Universidade podedes pórvos en contacto con nós en servizosdeac@museodopobo.gal para concretar e adecuar as vosas necesidades.
Como todos os anos, poderedes visitarnos coas actividades autónomas, por libre ou propornos proxectos de colaboración para facer do Museo un lugar accesible e inmersivo para a comunidade escolar.
As visitas autónomas son aquelas que non contan coa intervención directa do DEAC mais na que podedes coñecer os nosos contidos a través de materiais lúdicos tipo "xogo de pistas".
Documento explicativo sobre as actividades autónomas que vos ofrecemos:
A continuación tedes todos os materiais necesarios:
- INFANTIL E PRIMEIRO DE PRIMARIA
Coscobellos ao cesto. Instrucións + Xogo
- PRIMARIA
1,2,3... Museo en Test. Instrucións
Para 2º e 3º de Primaria __ Pistas Itinerario I e Itinerario II + Solucións
Para 4º e 5º de Primaria __ Pistas Itinerario I e Itinerario II + Solucións
Para 6º de Primaria __ Pistas Itinerario I e Itinerario II + Solucións
- SECUNDARIA
1,2,3... Museo en Test. Instrucións
Para 1º e 2º da ESO __ Pistas Itinerario I e II + Solucións
Quebracabezas temático.
Para 3º e 4º e Bacharelato. Instrucións e solucións + folla de ruta coas pistas
A fórmula Andrade.
Percorrido matemático polo Museo do Pobo Galego. Para o ciclo da ESO.
Instrucións e solucións + Xogo
Remuíño de pistas.
Xogo de pistas en diferentes idiomas pensado especialmente para centros en intercambio.
Solicitar en servizosdeac@museodopobo.gal
Para reforzar a orientación no Museo durante as visitas autónomas podedes traer impreso este Plano do Museo
Guía de Contidos. Roteiros polo Museo
Roteiro 1.pdf roteiro 2.pdf roteiro 3.pdf roteiro 4.pdf roteiro 5.pdf roteiro 6.pdf
O Ciclo Festivo
Recursos didácticos
Para traballar co ciclo festivo nos diferentes cursos de Infantil e primeiro de Primaria.
MICE Petís
Proposta para mergullarse no cinema de corte etnográfico no Museo na semana de celebración do noso Festival.
Dispoñíbel a modalidade virtual para Infantil, Primaria e Secundaria. A partir do 16 de marzo.
Solicitar en servizosdeac@museodopobo.gal.
Para consultar o programa da MICE Petís 2025 escribide a servizosdeac@museodopobo.gal
Caderniños didácticos
Canteiría
Embarcacións tradicionais
Música
O Entroido
Olaría
O pan
Os muíños
Os xogos
O tecido
O traxe
O viño
Antonio Fraguas Fraguas
Xaquín Lorenzo Fernández "Xocas"
Título bloque 2
Outros colectivos
Contacta con servizosdeac@museodopobo.gal para marcar a túa visita ao Museo en grupo.
Non hai contido que amosar para esta sección.
Unha proposta para reflexionar sobre o proceso que, a través da historia, experimentou o baile para conformarse como hoxe o coñecemos. A voltas co baile quere facilitar un espazo para o estudo deste elemento tan vivo do noso Patrimonio Cultural Inmaterial.
Este 2025 celebraremos a décimo terceira edición, co título Cantar para bailar.
A poesía oral é unha forma de literatura que se transmite a través da voz, a expresión corporal e a memoria colectiva. Xorde en distintos contextos do día a día como ferramenta de comunicación para narralos. Un exemplo destacado deste fenómeno é a foliada, un espazo onde se establece un diálogo continuo entre o cantar, o tocar e o bailar.
É por iso que neste ano, dedicado ás cantareiras e á poesía oral, exploraremos a relación entre estes elementos do noso patrimonio inmaterial e as dinámicas e vínculos que se xeran entre as persoas que tocan e bailan. Teremos a oportunidade de gozar co saber e a experiencia de Adelina Suárez, Lucinda Barcia, María López e Pilar Turnes, mestras cantareiras que, a partir das súas vivencias, nos contarán (e cantarán) como se foron desenvolvendo os espazos onde se tocaba e bailaba. A través deste coloquio, descubriremos, de forma directa, as particularidades, relacións e diferenzas entre os bailes de pandeireta nas súas localidades de orixe: Toutón (Mondariz), Ons (Bueu) e Transmonte (Ames).
Abrirá a xornada e guiará a conversa Beatriz Busto, etnomusicóloga e autora do libro As pandereteiras de Mens, unhas das nomeadas na homenaxe colectiva do Día das Letras Galegas deste ano.
A inscrición é de balde e pode realizarse enviando un correo a servizosdeac@museodopobo.gal