Colabora

Submitted by admin on Mér, 13/01/2021 - 15:13

Colabora

Non todo o mundo pode dicilo. Incluso a nós nos custa crelo, non si? Pensabamos que isto era cousa dos Rothschild, dos Guggenheim ou dos Thyssen. Que só estas persoas podían permitirse o luxo de posuír un museo. Pois resulta que... eu teño un museo. E ti tamén.

A participación da sociedade no Museo do Pobo Galego faino máis forte, e a contribución de socias e socios permite o seu mantemento e dálle independencia como institución. Os seus fondos posúen un enorme valor simbólico e histórico e, aínda que en xeral nos dea pudor falar de cartos, non poucos teñen tamén un gran valor económico. Pertencen á cidadanía e están depositados non só nas mans dos e das profesionais e da Dirección do Museo do Pobo, senón nas daquelas persoas que o sosteñen.

Bloque imaxe
Imagen asóciate

Bloque título
¡Asóciate!

Bloque texto

Sendo socia ou socio serás parte de o propio Museo, axudando a soster unha asociación independente e plural. Ademais, obterás diferentes vantaxes, como o acceso gratuíto ou a participación en actividades especiais.

Foto colaborador

Empresas e institucións

Existen diferentes xeitos de apoiar o Museo a través de empresas e institucións. Consulta a mellor opción

Foto colaborador

Voluntariado

A través da colaboración desinteresada de moitas persoas foise construíndo o Museo de todas as galegas e galegos. Se che presta botar unha man, non dubides en contactar connosco en info@museodopobo.gal

Foto colaborador

Doazón de pezas á Colección

Grazas a doazóns de diferentes persoas e institucións é como se foi creando a nosa colección. Se queres ceder ao Museo algún obxecto, aquí poderás consultar como facelo.

Foto Colaborador

Doazón á Biblioteca e Arquivo

A Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego conta cun rico patrimonio documental e gráfico por descubrir. Se pensas en axudar a ampliar o seu catálogo, contacta connosco.

Foto colaborador

Recolla da tradición oral

O Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) é un interesante compendio dixital de voces, historias, cancións, bailes e tradicións. Coa túa contribución farás deste Arquivo público un catálogo máis completo e conseguirás que este patrimonio inmaterial non desapareza.