ANDAINA DE SANTIAGO A ORTOÑO 12 DE OUTUBRO DE 2023

PROGRAMA PREVISTO SEGUNDA PARTE

O 12 de outubro 2023, na data precisa na que se cumpre o centenario do encontro no Castro de Ortoño, ao pé da casa onde morara Rosalía de Castro, do que saíu a iniciativa de crear o Seminario de Estudos Galegos, organizarase unha andaina Santiago-Ortoño que rematará cun acto institucional no castro de Ortoño. Cadra en xoves e é día feriado.

O percorrido ten unha lonxitude de 12 km, con dificultade técnica baixa. O tempo estimado é de 3,5 horas, a ritmo de marcha cómoda, facendo algunha parada breve nos puntos de interese patrimonial e paisaxístico.

Despois dun acto institucional á chegada, haberá romaría para todas as persoas concorrentes. Para o regreso a Santiago habilitarase un servizo de transporte público.

ANDAINA DE SANTIAGO A ORTOÑO 12 DE OUTUBRO DE 2023

Andaina de Santiago a Ortoño, 12 de outubro

Xoves 12 de outubro partiu da Alameda de Santiago un numeroso grupo de persoas para rememorar, cen anos despois, a camiñada que levou un fato de estudantes composteláns ata a aldea do Castro de Ortoño, en Ames. Alí, ao pé da casa familiar onde Rosalía de Castro pasou parte da súa nenez, conviñeron en crear o Seminario de Estudos Galegos, cuxa acta fundacional asinarían o día 23 seguinte.

Á convocatoria do Museo do Pobo Galego, o Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega sumáronse os Concellos de Santiago de Compostela e Ames, a Universidade de Santiago e a Xunta de Galicia. Á chegada, depositouse unha ofrenda floral diante da placa que evoca o nacemento do SEG no muro exterior da finca. Despois, no campo parroquial de San Xoán de Ortoño leuse unha declaración conmemorativa e os asistentes compartimos un xantar de romaría, acompañados polo grupo Os Retranqueiros.

Ver Declaración SEG

 

PROGRAMAS PREVISTOS

Entidades organizadoras:

  • Consello da Cultura Galega
  • Museo do Pobo Galego
  • Real Academia Galega


Entidades colaboradoras:

  • Concello de Ames
  • Concello de Santiago de Compostela
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Xunta de Galicia


Entidades que se adhiren:

  • Rede de Asociacións de Patrimonio