Biblioteca Xaquín Lorenzo Fernandez
Foi o primeiro presidente do Padroado do Museo. Na súa mocidade colaborou asiduamente co grupo Nós e co Seminario de Estudos Galegos. Destacou como coñecido investigador e sintetizador da etnografía galega a través da obra: Etnografía. Cultura material, en Historia de Galiza, Bos Aires, 1962. Traballou tamén nos campos da arqueoloxía e da historia. A súa afección á fotografía e habelencia no debuxo quedan plasmados en moitos dos seus traballos. Foi académico da Real Academia da Historia, da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia Galega, entre outros méritos.
Tras o seu pasamento, e seguindo as mandas testamentarias, ingresa no Museo en 1990 parte da súa biblioteca e do seu arquivo persoal. Poderiamos destacar as edicións facsimilares de Afonso X: Cantigas de Santa María, Libros de Ajedrez, Dados y Tablas ou o Mapa de Fontán.