XEIRA A CELANOVA E VILANOVA DOS INFANTES

Tipo nova
Socias e socios
XEIRA A CELANOVA E VILANOVA DOS INFANTES
Imaxe

 

Estimadas/os socias e socios:

 

A Oficina de Socias e Socios está a organizar unha xeira a Celanova e a Vilanova dos Infantes para o 28 de outubro.

 

Segundo as nosas previsións, o programa sería o seguinte:

- 9:00h.: Saída en autobús da dársena da rúa Valle Inclán (Colexio La Salle).

- 10.30h.: Visita ao xacemento castrexo de Castromao.

- 11:30h.: Visita a Vilanova dos Infantes. Inclúe: Torre de Vilanova, Cova de San Vivián, Santuario da Virxe do Cristal, igrexa parroquial de Vilanova e o seu Cristo románico (esta última se dispoñemos de tempo).

- 13:30h.: Concerto de órgano (segundo dispoñibilidade de tempo).

- 14:00h.: Xantar.

- 16:00h.: Visita ao mosteiro de San Salvador de Celanova, Oratorio de San Miguel de Celanova, Biblioteca do IES de Celanova e Casa dos Poetas (casa natal de Curros Enríquez).

- 18:00h.: Visita ao Alto do Furriolo (lugar de especial significado para a Memoria Histórica) e ao Mural de Xosé Vizoso na honra dos fusilados no Furriolo.

- 18:30h.(Aprox.): Volta a Compostela.

 

O custe da viaxe por persoa será aproximadamente de 45, no que se inclúen:

- Importe (p/pax.) do guía da Fundación Curros Enríquez: 5€.

- Concerto de órgano (p/pax.): 2€.

- Autobús (p/pax.): 18

- Xantar (p/pax.): 20

 

Para poder reservar pregamos dirixan un correo electrónico a: socios@museodopobo.gal , indicando: nome e apelidos, teléfono e DNI. O prazo para a inscrición finaliza o xoves 26 de outubro ás 14.00h. Os que asistan recibirán correo o mesmo día 26 a partir das 15h.

 

Recibide un cordial saúdo.