Faleceu en Basilea a musicóloga suíza Dorothé Schubarth

Enviado por xestor el Vie, 08/09/2023 - 09:35
08
Sep
2023
Faleceu en Basilea a musicóloga suíza Dorothé Schubarth
Imaxe
Dorothé Schubarth

Dorothé Schubarth percorreu Galicia a finais da década de 1970 para escoitar as xentes cantar, especialmente cantareiras, e gravar eses cantares, transcribilos e publicalos no Cancioneiro Popular Galego, editado en sete volumes pola Fundación Barrié; unha obra fundamental para entender o patrimonio musical construído polas galegas e galegos. Hoxe, esas gravacións están a disposición da cidadanía no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego grazas á súa xenerosidade e á de Antón Santamarina.

En agradecemento polo seu traballo e interese pola nosa maneira de cantar, o Museo do  Pobo Galego nomeouna Patroa de Honra en 2017.

Seguro que as melodías das nosas cantareiras acompañarana nesta viaxe cara a outras músicas.

Dorothé Schubarth no MPG