Inauguración da XII edición da Bienal Entre Amigos

Tipo nova
Socias e socios
Inauguración da XII edición da Bienal Entre Amigos
Imaxe

Coincidindo coa Asamblea Xeral de Persoas Socias do MPG, queremos aproveitar para convidar a vostedes á inauguración da XII Edición Bienal de Fotografía Etnográfica Entre Amigos, que terá lugar inmediatamente a continuación da Asamblea, arredor das 13:30 do sábado 13 de maio.

Coma todos os anos, a Mostra exhibirase no primeiro andar do claustro e, despois da inauguración, a Oficina de Socias e Socios comprácese en convidar a vostedes a un pequeno albaroque.