Asemblea Xeral de Socias e Socios o sábado 13 de maio

Asemblea Xeral de Socias e Socios o sábado 13 de maio
Imaxe
Vista exterior do Museo do Pobo Galego

O sábado 13 de maio ás 11:00 en primeira convocatoria celebrarase a Asemblea Xeral de Socias e Socios do Museo do Pobo Galego. Ao remate da sesión procederase á imposición da Insignia de Prata do Museo do Pobo Galego a socias e socios que cumpran 25 anos de antigüidade na institución. Ese día quedará aberta a nova edición da Bienal de Fotografía "Entreamigos", a duodécima, que conta como comisario ao patrón do Museo, D. Manuel González Reboredo.