Inauguración da instalación participativa "Cartografías téxtiles"

Tipo nova
Exposicións
Inauguración da instalación participativa "Cartografías téxtiles"
Imaxe
cartografías textiles

O martes 4 de abril, ás 12h30, inaugúrase a instalación participativa "Cartografías téxtiles", creada coa participación de moitas persoas e colectivos interesados en dar voz ao lugar, traballando con diversos materiais e técnicas téxtiles.

Estará aberta en horario de apertura do Museo até o 30 de abril e pode visitarse de balde. Durante este tempo, na propia sala, haberá materias para seguir facendo pezas e sumalas a esta exposición colectiva.

Este é un proxecto da APECV Portugal, coordinado en Galicia por Cristina Trigo e Chus Domínguez. Conta coa colaboración do Museo e da Facultade de Ciencias da Educación da USC.

Para saber máis, podedes premer aquí.