Presentación da programación completa da 18 MICE

Enviado por xestor el Lun, 06/03/2023 - 21:57
06
Mar
2023
Tipo evento
Evento
Presentación da programación completa da 18 MICE
Imaxe
Presentación da programación da 18 MICE

Este luns, 6 de marzo de 2023, a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico impulsada polo Museo do Pobo Galego presentou a programación completa da súa 18ª edición, que terá lugar do 15 ao 21 de marzo. 

Á presentación oficial, celebrada no Museo, asistiron a presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada; a directora da MICE, Ana Estévez Lavandeira; a concelleira responsable de Acción Cultural de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón; o deputado provincial da Deputación da Coruña, Xosé Penas Corral; e o director da Agadic, Jacobo Sutil. 

Todas as proxeccións e as actividades paralelas serán de balde, e as entradas estarán dispoñibles a partir deste venres, 10 de marzo. 

Toda a información e a noticia completa, na web da MICE.