KRAMAR

Enviado por xestor el Jue, 27/10/2022 - 12:54
03
Nov
2022
Tipo evento
Exposición
KRAMAR
Imaxe
Janez Kramar

Horario:

De martes a sábado: 16:00 -20:00
Domingos: 11:00-14:00
Luns: Pechado

 

 

O fotógrafo Janez Kramar naceu ou 16 de maio de 1942 en Slovenski Javornik, Eslovenia.

Despois de rematar a formación secundaria de economía, conseguiu un traballo na ferrería Jesenice, onde traballou no departamento de persoal até a súa xubilación. A fotografía foi a súa paixón desde a infancia. Os seus principais temas fotográficos entrelázanse coas súas afeccións e intereses, como a aviación, as viaxes, as ciencias naturais e a natureza. Gran parte da súa fotografía dedícase á representación de paisaxes e das marabillas da natureza. Participou en máis de 560 exposicións con participación internacional, das cales 400 foron no estranxeiro e 47 individuais. En 2006, a Asociación Fotográfica de Eslovenia outorgoulle o título de máster de fotografía. Recibiu premios e distincións da Asociación de Fotógrafos Americanos e da Federación Internacional da Arte Fotográfica (EFIAP distinción). Ademais recibiu varios premios en Eslovenia, incluído o mérito dourado da fotografía da Asociación Fotográfica de Eslovenia, o premio do municipio de Kranjska Gora e o premio Janez Puhar da Asociación Fotográfica de Eslovenia.

Estimadas/os amigos:

Cada un ama o seu país, lévao no corazón. É un gran pracer e unha honra mostrarlles a través da fotografía a diversidade e a beleza de Eslovenia, aínda que sexa só unha fracción. Lamentablemente, non podo asistir á inauguración da exposición, así que quero enviarlles un saúdo e agradecer a oportunidade de presentar o meu traballo na súa fermosa cidade. Espero que gocen das fotografías. Janez Kramar