O Concurso de Fotografía Xurxo Lobato convocase cada ano e pódense presentar alumnos de bacharelato, FP e escolas de Arte de Galicia menores de 21 anos. O organiza a Asociación de Amigos do IES Monelos da Coruña, co apio de Gadis e o concello da Coruña.
O xurado estivo composto por Xosé A. Fraga Vázquez, presidente da Asociación de Amigos do Instituto Monelos, na que actúa como Secretario do xurado, Xoán Antón Pérez Lema, e asiste como vocal Marcos Sánchez González e os expertos de arte e fotografía Rosario Sarmiento, Xosé Díaz Arias de Castro e Xurxo Lobato.
PRIMEIRO PREMIO
Tralo visionado dos traballos presentados por máis de 90 participantes de diferentes cidades e vilas galegas, realízase un debate e diversas votacións entre os membros do Xurado e decídese por unanimidade conceder o primeiro premio do 17º Concurso de fotografía Xurxo Lobato ao fotógrafo Dan Grigore, alumno do EIS Audiovisual de Vigo, pola súas fotografías “Un mundo interior”. O xurado apreciou a sensibilidade na elección dun tema que provoca reflexión, expresado dun xeito singular, destacando a calidade estética nunha linguaxe visual innovadora e de vangarda.
SEGUNDO PREMIO
María Esther López Álvarez, pola fotografía de título: “San Martiño”, alumna do EASD Ramón Falcón de Lugo. O xurado destacou a capacidade de expresar unha tradición galega moi retratada cun encadre e luz moi orixinais.
TERCEIRO PREMIO
Silvia Ouro González, pola fotografía de titulo: “Refracción” alumna do EASD Ramón Falcón de Lugo. O xurado valorou esta fotografía por estar realizada cun encadre moi singular e sorprendente amosando unha gran capacidade técnica e creativa.
ACCESITS
- Aída Fernández González: “Tomando el te” (EASD Ramón Falcón de Lugo)
- Alejandra González Fernández: “Bosque encantado” e “Silueta de peteiro” (EASD Ramón Falcón de Lugo)
- Andrea Chao Fernández: “Sinxeleza” (IES Pontepedriña de Compostela)
- Inés Costado Afonso: “Tempo de Lectura” (IES Monte da Vila O Grove)
- Irene Orodea Pena: “Poemas de Amor e 20 canciones desesperadas” (IES Poeta Añón de Outes)
- Judith Hermo Nováis: “ Triste realidade” (IES Poeta Añón de Outes)
- Luar Rodríguez Palomar: “O que a xente non ve” (IES Poeta Añón de Outes)
- Salomé Olveira Rivas “Around the space” (IES Poeta Añón de Outes)
FINALISTAS
Alba García Sevilla: “O espello da miña alma” (IES Eusebio da Guarda)
Alan Rodríguez Carreira: “Tunel de lavado” (IES Monelos)
Alicia Mato Parga: “Who`s calling ?” (IES Monelos)
Ana Molares Daponte: “Frío” (EASD Antonio Failde de Ourense)
David Guerra: “Azul intrépido” (IES Monelos)
Elena Rodríguez Fustes: “Hanahaki” (IES Adormideras Coruña)
Marina Fernández Fernández: “El reflejo del pasado” (IES Adormideras Coruña)
Nera Ma Fariña: “Ansiety” (IES Alfonso X o Sabio de Cambre)
Noa Vaz Mecías: “Cámara de vixilancia” (IES Carlos Casares de Viana do Bolo)
Raquel González Calvo: “Outono rural” (IES Adormideras da Coruña)
Sara Fuentes Rodríguez: “Infinitude” (IES Monelos)
Uxía López Amor: “Larga travesía” (IES Monelos)
Vera Losada Castro: (IES Adormideras da Coruña)
Victor Casas Gorrita: “Virxe extra” (IES Monelos)