A voltas co Baile. A memoria do baile: o dereito aos arquivos para unha práctica cultural.

Tipo nova
DEAC
A voltas co Baile. A memoria do baile: o dereito aos arquivos para unha práctica cultural.
Imaxe
Cartel xornadas A voltas co baile 2022

Nova edición das xornadas A Voltas co baile: A memoria do baile. O dereito aos arquivos para unha práctica cultural.
Será o sábado 30 de abril, de 10h30 a 14h e contaremos con Patricia Gabeiras (doutora en Dereito da Cultura), Carlos Amoedo Souto (profesor de Dereito Administrativo da UDC, director da cátedra de Dereito Local da UDC-Deputación da Coruña), e Gabriel Quiroga Barro (arquiveiro do Arquivo do Reino de Galicia).


Para consultar o programa podedes pinchar aquí.



Inscricións até o 28 de abril en servizosdeac@museodopobo.gal


De balde para persoas socias e desempregadas. 3€ para estudantes. 4€ prezo xeral.