Presentación de A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo
O martes, día 1 de febreiro ás 17:30 horas, preséntase o catálogo da exposición A vangarda das formas. Obra cerámica de Isaac Díaz Pardo. No acto participarán Justo Beramendi, presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Tereixa Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación de Lugo, Xosé Díaz Arias, fillo de Isaac Díaz Pardo, Teresa Pena Moreda e Fernando Arribas Arias, comisarios da exposición A VANGARDA DAS FORMAS. OBRA CERAMICA DE ISAAC DÍAZ PARDO e coordinadores do catálogo