Aberta a inscrición para a 17ª MICE Museo do Pobo Galego

Enviado por xestor el Lun, 15/11/2021 - 09:36
15
Nov
2021
Tipo evento
Evento
Aberta a inscrición para a 17ª MICE Museo do Pobo Galego
Imaxe
17 MICE call for entries


oma e trofeo e o Premio CREA, será outorgado por esta asociación á mellor realización coa dotación de 200 euros e trofeo. 

A 17ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego, que se celebrará do 29 de marzo ao 2 de abril de 2022, abre o prazo para a presentación de filmes que serán seleccionados para concursar na Selección Oficial do festival. Dito prazo estará aberto dende o luns, 15 de novembro, ata o vindeiro 8 de xaneiro de 2022 ás 23.59h, a través das webs Clikforfestivals e Filmfreway.


As películas que resulten elixidas para concurso optarán ao Premio ao Mellor Filme Etnográfico, dotado con 1000 euros, trofeo e diploma. As películas galegas seleccionadas a concurso optarán tamén ao Premio ao Mellor Filme Etnográfico Galego, dotado con 800 euros, trofeo e diploma. O Premio do público consistirá nun diploma e trofeo acreditativo. Por último, o Premio AGANTRO premiará a excelencia antropolóxica e será outorgado pola Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural, dotado con 500 euros, diploma e trofeo e o Premio CREA, será outorgado por esta asociación á mellor realización coa dotación de 200 euros e trofeo. 

 

CONSULTA AS BASES AQUÍ