Biblioteca Xesús Taboada Chivite

Enviado por admin el Lun, 08/03/2021 - 10:50
Imaxe slider páxina
Biblioteca Xesús Taboada Chivite

Biblioteca Xesús Taboada Chivite

Vicepresidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, foi un arqueólogo, historiador e etnógrafo ourensán. Amigo de Xoaquín Lourenzo, tamén colaborou durante a súa xuventude cos membros do grupo Nós e co Seminario de Estudos Galegos, e coma el, foi membro numerario da Real Academia Galega, así como da Real Academia da Historia, entre outros moitos recoñecementos.

A súa biblioteca chega ao Museo en 1992, en depósito por vontade da súa familia, e xunto a ela un conxunto de obxectos persoais (mesa, cadeira, cadros e obxectos varios). Integrada por monografías e revistas, entre as primeiras cabe subliñar un interesante fondo antigo (S.XVI-XVIII), do que podemos destacar obras como a Rhetorica de Cicerón, de 1544, ademais dunha valiosa colección documental.

Verín, 1907-1976