Ata o 28 de xullo, o Museo do Pobo Galego acolle a exposición dos traballos gañadores da 19ª edición do concurso de fotografía Xurxo Lobato, un certame que trata de potenciar a fotografía como un medio de expresión, creación e comunicación entre os escolares galegos.
Nesta ocasión, fíxose co primeiro premio Valentina López López, alumna do EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, coa súa serie de retratos Volátil, Tolemia, Oniria. O traballo Pinzas de Buxantes, de María Martínez Prado, do IES de Sar de Compostela, foi o galardoado co 2º premio; e Retrato, de Emma Arango Branco, do IES Plurilingue Adormideras da Coruña, levou o 3º premio do concurso. Na mostra que estará exposta no Museo tamén poderán verse as series realizadas por Katarina Mèlikhova, do IES de Sar de Compostela, e Guilherme da Silva Teodoro de Olivera Lima, de EASD Ramón Falcón de Lugo, que obtiveron senllas mencións de honra.
As finalistas deste concurso, destinado a alumnos e alumnas de bacharelato, FP e Artes, organizado pola Asociación de Amigos do IES Monelos co apoio de Gadis e o Concello da Coruña, foron Alba Rivas Perez, da EASD Mestre Mateo; Ana Salgueiro Torres e Uxía Pereiro Freiría, do IES Sar de Compostela; Aroa Losada Castro, Leon de Otaduy Palomino, Lucía Domínguez Pena, María Teresa Rey García, Mia Alonso Damil, Sofia Marugg Díaz, Xián Duarte Pérez e Yeisbeth Pabon de los Santos, do IES Plurilingüe Adormideras da Coruña; Bruno Alvarez Giménez, do ES Santo Tome de Freixeiro de Vigo; Claudia Pérez Villalta, do IES Francisco Aguiar de Betanzos; Diego Sebastian Alfonzo Cañizales, Iria García Puga, do IES Monelos da Coruña; Gloria Iglesias Grobas, do IES Curtis; Jerome Galán Núñez, do IES Politécnico de Vigo; Lydia López Neira e Nerea Rodríguez Pérez, da EASD Ramón Falcón de Lugo; e Stella Fernández Abella, da EASD Pablo Picasso da Coruña.