Petís a Voltas: Danzar de roda en roda

Submitted by xestor on Ven, 05/04/2024 - 16:03
26
Apr
2024
Petís a Voltas: Danzar de roda en roda
Imaxe
Petís a Voltas

O venres, 26 de abril, celebraremos o Día Internacional da Danza entre grandes e petís, coa actividade Danzar de roda en roda.

Da man de Claudia Fidalgo, saltaremos por diferentes ritmos e estilos, tendo como elo de unión o baile tradicional. Bailaremos nesta forma infinita na que o final tamén é un comezo.

Dirixido a nenos e nenas dos 5 aos 8 anos, acompañadas de persoas adultas. Máximo de 2 crianzas por 1 persoa adulta.

Duración aproximada de 60 minutos.

Prezo: de balde para persoas socias e desempregadas. 3€ prezo xeral. Reducción por máis dunha crianza da mesma familia a 2€ por neno ou nena. 

Inscrición até o 24 de abril en servizosdeac@museodopobo.gal

 

Claudia Fidalgo é mestra de baile tradicional especializada en crianzas. Técnica en Animación e monitora de tempo libre. Imparte aulas en diferentes centros educativos de Compostela, tamén en asociacións e centros socioculturais. Nada no Brasil con orixes na Cañiza, na súa práctica do ensino do baile mestura as súas raíces coas súas vivenzas dos dous lados do Atlántico.

Programa Petís a Voltas